Cargando imaxes...
Asociación Solfa

Roteiro Fiz Vergara Vilariño 2019

A asociación Ergueitas de Sarria celebra o 15 de xuño o Roteiro pola Lóuzara Xabreira de Fiz Vergara Vilariño. Na xornada de lembranza do Fiz mesturaranse poesía, música, arte, natureza, etnografía, gastronomía e festa. 

A Asociación cultural e musical Solfa participará neste evento onde percorreremos as paisaxes do poeta que nos guía: Fiz Vergara Vilariño, un roteiro que funde a escultura de trece artistas da provincia cos versos de Fiz e que foi creado pola Agrupación Cultural Ergueitos, deica a súa casa, o seu muíño albeiro, a súa Fonte da Cova (xigantesca vaxina de pena caliza) no val xabreiro; con trece paradas para gozar da arte da poesía e da paisaxe.

 

Encontro de música coral e tradicional en Fontiñas

 

 

Co motivo do 25 aniversario da Parroquia de San Antonio de Pádua de Fontiñas, a Asociación cultural e musical Solfa vai participar no XI Encontro de música coral e tradicional  xunto á Coral Polifónica Padronesa, Coral Polifónica La Salle e Coro Castrosúa.

O encontro celebrarase o sábado día 1 de xuño de 2019 ás 20:30 h. nos locais parroquiais.

Ferrados de Letras 2019

 

Este vindeiro xoves, 30 de maio ás 20:30 h. organizado pola Asociación veciñal Agra do Orzán da Coruña, vaise celebrar o Festival anual das nosas letras no Centro Ágora (Lugar de Agramela 17, A Coruña). Entrada de balde.

A Asociación cultural e musical Solfa participará no mesmo xunto a colectivos de  baile, canto e recitado da Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzan.

 

 María Soliña  Verdes são os campos. O maio
 Cantiga do meu muíño.Gotinha de agua
 Na beira do mar. Xota de lira

   Fisterra. Acordai
 No es aixó

Manifestación o 17 de maio: Máis que nunca queremos liberdade, igualdade e xustiza para o galego

 

A Asociación Solfa, que forma parte da plataforma Queremos Galego, fai un chamamento a tod@s os soci@s de Solfa para que o día 17 de maio participen na manifestación de Queremos Galego baixo o lema Máis que nunca queremos liberdade, igualdade e xustiza para o galego.
 

Santiago de Compostela acollerá a manifestación que sairá da Alameda ás 12h.

  • Máis que nunca queremos galego porque a situación do galego é crítica mais a situación pode mellorar se se comezar por recoñecer o dereito a ser lingua visíbel, audíbel, e practicábel sempre, a respirar libremente en todos os espazos.
  • Máis que nunca queremos galego porque o 22,7% das persoas de 4 a 15 anos non saben falar galego.
  • Máis que nunca queremos galego porque existen límites de todo tipo, tamén legais, para empregalo con normalidade.
  • Máis que nunca queremos galego porque o goberno galego non só non exerce o seu deber estatutario de defender a lingua, senón que actúa en contra, en ámbitos decisivos como a educación, a sanidade, a xustiza ou os medios de comunicación.
  • Máis que nunca queremos galego porque hai unha nova ofensiva xudicial e política contra o galego como a recente sentenza do Tribunal Supremo contra a ordenanza de normalización lingüística do Concello de Lugo.

Manifesto Máis que nunca queremos liberdade, igualdade e xustiza para o galego

Máis información en Queremos galego

Concerto do alumnado de Solfa o 8 de maio

 

A Asociación cultural e musical Solfa ten o pracer de convidarvos ao Concerto dos alumn@s de Solfa, que se celebrará no Centro sociocultural das Fontiñas, o día 8 de maio, ás 18.30h.

Comezará cun repertorio individualizado, para pechar o concerto coa participación das dúas agrupacións instrumentais a cargo do mestre de clarinete Pablo Veiga.

Programa do concerto