Cargando imaxes...
Asociación Solfa > A Nosa Clave

A Nosa Clave

Este proxecto naceu impulsado pola Asociación Cultural Musical Solfa e, no seu desenvolvemento, foi peza fundamental Xosé Carlos Seráns Olveira, director da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares e director da Banda de Música municipal de Santiago de Compostela.

En A Nosa Clave colaboraron corais compostelás (Solfa, Polifónica da Ponte Pedriña, Polifónica La Salle, Coto da Nai, Pontemantible, Irmán Gómez, Escolanía San Francisco Xavier) así como Banda Filharmónica de Galicia.

Despois de meses de traballo, as sete corais e a Banda Filharmónica de Galiza fixeron a súa estrea no Auditorio de Galiza en xuño do 2004, baixo a batuta de Xosé Carlos Seráns.

En xuño do  2005 a Banda Filharmónica de Galicia e seis corais de Compostela, máis de duascentas persoas, volveron ao escenario da Capital de Galiza, dirixidas polo mestre Xosé Carlos Seráns.

 

 

No mesmo ano 2005, en novembro, a Concellaría de Cultura do Concello de Santiago e A Nosa Clave réndenlle unha homenaxe a Manuel María.

 

 

 

Nos anos 2006 e 2007 A Nosa Clave volveu aos escenarios do Auditorio. Cóntase coa Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música para estes dous concertos, e co coro infantil do Colexio Público de Fontiñas.

Hai que sinalar que sen o apoio incondicional do, naquela altura, Concelleiro de Cultura do Concello de Santiago, Néstor Rego, e do Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, non sería posible a súa realización. Agradecementos sinceros.