Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Rematou Musigalizando 2011

Rematou Musigalizando 2011

Despois duns días de traballo intenso, Musigalizando chegou ao seu remate. Quedan para sempre no noso maxín eses días de traballo intenso nos ensaios e tamén os xogos populares, a praia, a noite de San Xoán, o concerto na praza central de Gandarío, a festa final e o nacemento de novas amizades que fixeron de Gandarío un espazo único.

A Praza da Quintana foi o escenario do concerto de Musigalizando e testemuña dos desexos e peticións de que Musigalizando debe continuar no ano 2012. As lágrimas dos máis novos e novas selaron esa petición e deixaron claro o complicado que é despedirse de Musigalizando. Parabéns aos directores polo traballo realizado e agradecementos aos monitores e persoal de Gandarío que fixeron que a nosa estancia fose realmente moi agradábel.

Ficha técnica:

  • Dirección técnica:

Lucía Carreira Pérez
María Xosé Santos Paz

  • Directores:

Rafael Collazo Moares
Xosé Carlos Seráns Olveira
Víctor Fernández Vázquez
Braulio Cao Ledo
Nilo García Armas

  • Monitores, Xandobela:

Rocío Couto Rendo (chío)
Lucía Valcárcel González
Álvaro Mera López (badú)
Antonio Carrillo Fernández (Toño)

  • Instalacións: Albergue de Gandarío.