Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Novidades Solfa. Únete a nós

Novidades Solfa. Únete a nós

Temos moitas novidades na Banda de Música de Solfa. Comezamos por presentarvos ao novo director! Fernando Rey Mayo, (Negreira) que é profesor de trompeta no Conservatorio de Música Profesional de Santiago de Compostela é xa o novo director da Banda de Música de Solfa

Ademais, outra das novidades é o horario dos ensaios. Para facilitar a asistencia de todos os músicos trasladáronse aos sábados pola mañá de 10.00h. a 12.00h. no Centro Sociocultural de Fontiñas.

Animamos a todos os nenos/nenas /mozos e mozas e adultos de Santiago a sumarse á nosa banda de música. Temos como obxectivo inmediato acudir ao Certame Galego de Bandas de Música e precisamos de clarinetes, saxofóns, trompas, trompetas, bombardinos, tubas, percusión, violonchelos, contrabaixos…

Na nosa banda de música tedes garantido gozar e aprender con este ben tan prezado que nos une a todos e todas: a música. Así que non o dubidedes e unídevos a nós. Estámosvos esperando!