Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Semana cultural en Solfa: Mércores, 27 de xuño de 19.00 a 21.00h.

Semana cultural en Solfa: Mércores, 27 de xuño de 19.00 a 21.00h.

Día forte no metal, as trompas e as trompetas baixo a dirección dos profesores Daniel Figueira Bello e Manuel Otero Payno farán que no foro se respire un ambiente máxico e ideal para que moitos máis nen@s se sumen á musica con Solfa.

Concerto ás 19.00h.

Prato forte neste día, O grupo de metais profesores formado por: Daniel Figueira Bello, Manuel Otero Payno, Daniel Sánchez Barrán, Fernando Rey Maio e  Carlos Seráns Santos, deleitarannos con obras de Mozart e rematarán con Xoán Montes, Negra Sombra, impresionante composición que non deixará de estremecer ao público alí presente.

Consulta o programa