Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Semana cultural en Solfa: Sábado, 30 de xuño

Semana cultural en Solfa: Sábado, 30 de xuño

Concerto na Praza de Europa  (Área Central). Ás 12.30h

A banda de Música de Solfa e coro rematan a semana cultural cun concerto na Praza de Europa, Área Central.

Dirixidos polos seus directores, respectivamente, Fernando Rey Mayo e Francisco Tobar Cereijo.

 

 

Despois dun ano de traballo, esforzo, estreas, concertos remataremos cun xantar nas Fontiñas, baixa unha carpa, con polbo e churrasco nos que todos os soci@s, alumn@s e amig@s poderemos gozar.

Garantimos canto xeral despois do xantar.

Consulta o programa