O Día de Rosalía. Conmemórase cun acto poético nacional en Bonaval
O domingo día 24, data do aniversario de nacemento de Rosalía, a AELG centrará a atención no Panteón de Galegos Ilustres, onde está soterrada a escritora. Alí hase de desenvolver un acto nacional con lectura de poemas de “Cantares Gallegos”, alén dunha ofrenda floral.
A AELG agarda que a cidadanía responda ao seu chamamento agasallando cun libro e unha flor na conmemoración do nacemento da escritora fundadora da literatura galega contemporánea.
O programa:
- Recepción do Grupo de Gaitas
- Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias
- Actuación da coral Solfa
- Lectura do manifesto da AELG
- Lectura de poemas rosalianos
- Ofrenda floral
- Interpretación do himno galego acompañados do grupo de gaitas.
Estades tod@s convidados ás 12.00h.
Máis información en: http://www.sermosgaliza.com