Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Alegacións ao orzamento do Concello de Santiago 2013

Alegacións ao orzamento do Concello de Santiago 2013

Denuncia e recollida de sinaturas

ASINA

A Asociación Cultual  Musical Solfa, de Compostela, leva máis de 15 anos traballando e realizando diferentes actividades culturais, nomeadamente no campo da música. Impártense clases de diferentes instrumentos,  organízanse xornadas, conferencias e campamentos musicais, realízanse diversos concertos en diferentes espazos e lugares de Compostela e  tamén por toda a Galiza Ademais da impartición de clases en diferentes instrumentos, forman parte da Asociación unha banda de música e unha coral  por máis de 70 persoas.

O Concello de Santiago, até este ano, mantivo un convenio de colaboración coa Asociación Cultural Musical Solfa, o que axudou de xeito determinante realizar unha actividade musical ampla, intensa, diversificada, participativa e frutífera, axudando a dinamizar, sobre todo, o Barrio das Fontiñas

Nos orzamentos do ano 2013, o Alcalde decide anular o convenio coa Asociación Cultural Musical Solfa de xeito unilateral e nega calquera outro tipo de axuda. Esta decisión chama poderosamente a atención cando, nestes mesmos orzamentos, increméntanse as axudas ou mantéñense a outras asociacións, cuxa actividade é escasa ou moi inferior a realizada pola Asociación Cultural Musical Solfa.

Entendemos que esta actuación, do alcalde de Santiago,  de non ser modificada, suporía  un uso partidario e perverso do diñeiro público e de marxinación de todo o que supón de potenciación da cultura e música galega.

Os abaixo asinantes,  por todo o anteriormente exposto,  solicitamos que nos orzamentos para ano 2013 se  recolla a prórroga do convenio asinado  no ano 2012,  como única posibilidade de dar continuidade ao labor e  as  actividades  realizadas, nas que teñen participado miles de persoas.

Alegacións ao orzamento

As sinaturas as podedes achegar ao noso correo electrónico solfacompostela@asociacionsolfa.gal ou ben dándonolas o día 20 ás 19.30 no Centro Sociocultural das Fontiñas.