Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Semana cultural en Solfa: Martes, 25 de xuño ás 19.00h.

Semana cultural en Solfa: Martes, 25 de xuño ás 19.00h.

O  martes comezamos a semana cultural con Ana Benlla Barreiros ao Piano. Seguidamente o dúo de saxos, Fran Gil Páramos e Adrián Doce Villar, interpretarán a obra “Suite en Dúo”. Remataremos o concerto co Quinteto de Metais de Solfa na que nos interpretarán obras tan entrañables como Fisterra, Lela ou Lévame.

A continuación,  os maiores de 13 anos temos o privilexio poder  escoitar unha disertación sobre un tema moi de actualidade: A crise económica en Galiza: orixe, gravidade e alternativas, a cargo de Óscar Rodil Marzábal,  profesor, doutor de economía aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, que nos dará a oportunidade de poder esclarecer calquera dúbida ao respecto.

Conferencia. A crise actual en Galiza: orixe, gravidade e alternativas.

Por Óscar Rodil Marzábal, Profesor, doutor en economía aplicada na USC. Membro da Comisión académica do máster oficial en Desenvolvemento económico e innovación (USC)

Premio da Real Academia de Doutores en Ciencias Xurídicas e Sociais 2000. Premio extraordinario de doutoramento.

Ten numerosas publicacións en revistas científicas nacionais e internacionais e outras publicacións colectivas: European Planning Studies, Revista de Economía Mundial, Revista de Estudios Regionales…

Director de varias teses de doutoramento sobre a problemática da Globalización, a Crise e o cambio tecnolóxico.

Liñas de investigación:

Crecemento económico, converxencia e capacidade tecnolóxica rexional na Unión Europea. Especialización comercial e tecnolóxica. Cambio tecnolóxico e desenvolvemento local e sectorial.

Participou en estadías de investigación en centros de investigación no estranxeiro (Reino Unido, México)

Impartiu docencia en estudos de Grao, Máster e Doutoramento en Economía Aplicada. Actualmente é profesor de Estrutura Económica Mundial e de Comercio, Innovación e Competitividade.