Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Exposición itinerante do Carrabouxo

Exposición itinerante do Carrabouxo

 

Convidamos a todos os alumn@s e soci@s de Solfa á inauguración da exposición dos debuxos do Carrabouxo. Contaremos con Xosé Lois, O Carrabouxo, debuxante humorístico extraordinario e proxectarase unha película dos seus debuxos.

Que mellor comezo do curso de Solfa con humor e en colaboración coa Asociación Cultural o Galo.

Esperamos por tod@s vós o día 2 de outubro, mércores, ás 19.30 no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Para máis información: http://www.carrabouxo.es/