Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Semana chea de actuacións

Semana chea de actuacións

Mércores día 13 de novembro ás 19.00h. haberá un concerto da Coral de Solfa no acto organizado pola Plataforma Galega pola defensa do ensino público na Biblioteca Ánxel Casal, en Xoán XXIII.

Participarán: Federico Pérez Rey (actor), Berta Dávila (escritora), Suso de Toro (escritor), Quico Cadaval (director e actor). Actuacións musicais a cargo de: Sonia Lebedynski (música e profesora), Alonso Caxade (músico e profesor), Najla Shami e a Coral de Solfa.

Máis información en: http://plataformagalegadefensaensinopublico

Venres, día 15 de novembro, ás 20.30h. Concerto da Banda de música e coral de Solfa na Área Central.

A Asociación Cultural e Musical Solfa e a Agrupación Cultural O Galo colaboran na a Feira das Culturas en Área Central. Asistimos aportando a exposición “Palabras no Balcón”, consistente nunha serie de faixas con poemas de distintas obras de Rosalía de Castro, como conmemoración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.

 

Sábado. Día  16 de novembro, ás 16.00h. no Auditorio de Galicia

A Banda de Música de Solfa participa no VII Certame Galego de Bandas de Música que se vai celebrar no Auditorio de Galicia os días 16 e 17 de novembro. Comeza o Certame o sábado día 16 ás 16.00h. coa Banda de Música de Solfa. Convidamos a  todos os amigos e amigas a escoitarnos. Despois de tanto traballo e esforzo realizado ao longo destes meses previos ao Certame merece a pena poder pasar un cachiño estupendamente cos membros de Solfa. Máis información en http://www.fgbmp.net/

Lembrade que non se permitirá acceder ao sala despois de comezada á actuación que  se iniciará puntualmente ás 16.00h.

Programa do VII Certame Galego de Bandas de Música