Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Concertos no Nadal do Coro de Solfa

Concertos no Nadal do Coro de Solfa

cccccccccccccccooooooooooooooooo

 

Neste Nadal a coral Solfa actuaremos en distintos lugares da nosa cidade, Praza Roxa e Toural. Acudiremos a distintas residencias de maiores e cun repertorio de panxoliñas, cancións populares galegas, portuguesas e brasileiras intentaremos que pasen un momento agradabel.

 

Luns, día 15 de decembro, ás 18.00h. na Praza Roxa.

Venres, día 19 de decembro, ás16.30. en Agadea – Salgueiriños.

Venres, día 19 de decembro ás 18.00h. na Praza do Toural.

Luns, día 22, ás 17.30h. na residencia de maiores Volta do Castro. R/Ildefonso Sánchez Mera, 7

Martes, día 23, ás 17.30h. no Centro de Maiores Xeriatros – R/Escultor Camilo Otero, 2 na rotonda da Ponte Pedriña.

Venres, 2 de xaneiro, ás 20.00h. na igrexa de Santo Agostiño, na Praza de Abastos. Concerto solidario no que participaran distintas corais de Compostela co fin de recadar fondos para a cociña económica ou entidades que están a atender a persoas con necesidades extremas, algo totalmente imprescindíbel neste momento de recortes e de destrución das políticas sociais por parte do poder político e económico