Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Actos de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego

Actos de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego

CARTEL_8274978154768680809_n

Como xa anunciamos, a Asociación Cultural e Musical Solfa, integrante da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, xuntamente con outras organizacións sociais (Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Mesa pola Normalización Lingüística…) sensibilizadas co tratamento que se lle está a dar á obra de Castelao, organizamos para o día 25 de febreiro, ás 19.30h. no Museo do Pobo Galego unha mesa redonda baixo o título Achegamento a Alfonso R. Castelaona cal intervirán: Xoán Carlos Garrido, Xosé M. Rei Romeu e Paulo Porta.

Acabaremos o acto cunha breve actuación da nosa Coral interpretando:

 
 
 

Fisterra

  •            Popular galega
  •            Arr.: Francisco Tobar Cereijo

 María Soliña

  •            Letra: Celso Emilio Ferreiro
  •            Música: Antonio Paz Valverde
  •            Arr.: Francisco Tobar Cereijo

 O Maio

  •            Letra: M. Curros Enríquez
  •            Música: L.E. Batallán
  •           Arr.: Plácido Travieso

Lela

  •           Letra: Alfonso D. Rodríguez Castelao
  •           Música: Rosendo Mato Hermida
  •           Arr.: Francisco Tobar Cereijo

Exposición das Estampas da Guerra de Castelao

O sábado 21 de febreiro ás 12 horas no Centro Socio-Cultural de Conxo, inauguramos a exposición das Estampas da Guerra de Castelao, que se poderá visitar ata o sábado seguinte. Está exposición será levada ao Centro Socio-Cultural das Fontiñas do 17 ao 24 de abril.