Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Acto de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular de Castelao

Acto de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular de Castelao

aderradeiralecciondomestre

Asociación Cultural e Musical Solfa e a Agrupación Cultural o Galo, teñen previsto inaugurar a exposición das Estampas da Guerra de Castelao o venres, día 17 de abril, ás 20.00h, no Centro Sociocultural das Fontiñas, que se poderá visitar até, o sábado, día 24 de abril.

Coincidindo coa apertura desta exposición levarase a cabo un acto que constará dunha mesa redonda que versará sobre a obra artística, literaria e política de Castelao, na que participarán as profesoras da UDC Goretti Sanmartín e María Antonia Pérez. A continuación farase unha lectura de diversos textos da obra de Castelao e a coral de Solfa interpretará o poema de Ramón Cabanillas, Na morte de Castelao, musicado polo director da coral , Francisco Tobar. Pecharase o acto cun concerto da banda de música de Solfa, que interpretará Aires Galegos de Xoán Montes e Fantasía de Simón Cruceiro, baixo a dirección de Fernando Rei.

Programa do Acto de apoio á ILP de Castelao