Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Concerto “Irmandade Coral Galiza – Euskal Herria”

Concerto “Irmandade Coral Galiza – Euskal Herria”

Os días 13,14 eegoak 15 de maio a Coral de Solfa viaxará a Euskadi, convidados polas corais de Monte Txio de Zarautz e Xumela y Olagarro de Ondarribia. Devolver a visita realizada por estas tres corais a Compostela sela a irmandade das nosas linguas e das nosas culturas. No concerto que realizaremos en Zarautz ocuparán un lugar privilexiado os escritores e escritoras que temos como referente: Castelao, Rosalía, Curros, Manuel María. Levaremos connosco tamén a nosa música popular e cancións do mundo lusófono.

Con esta viaxe pretendemos unir dúas culturas, dous pobos, empeñados en que a nosa propia diversidade cultural, idiomática e tanta riqueza acumulada por séculos non desapareza. Gozar, enriquecer as nosas vidas coas nosas tradicións axudaranos a respectar, dignificar e sentirmos o orgullo da nosa propia cultura..

O acto central da visita a Euskal Herria será o concerto no Cine Modelo de Zarautz o domingo, 15 de maio, ás 12.00h.