Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Concerto homenaxe a Manuel María

Concerto homenaxe a Manuel María

Concerto_homenaxe_MMariaA Asociación cultural e musical Solfa, a Agrupación cultural O Galo e a Mesa pola normalización lingüística  homenaxearemos a Manuel María o próximo, venres, día 27 de maio de 2016 ás 19.30h. na Praza das Platerias de Compostela. Pretendemos amosar a nosa  admiración e recoñecemento a un escritor comprometido con todo o que nos conforma como Pobo. A súa extensa e diversa obra é un canto a nosa lingua e cultura, dignifícanos como Pobo e ponse ao servizo das clases populares galegas.

O Acto comezará coa lectura de poemas de Manuel María e rematará coa banda de música de Solfa.

Programa do concerto