Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Festa cultural e ecolóxica na Eira da Xoana

Festa cultural e ecolóxica na Eira da Xoana

cartel-IX-Feira-v1.4-724x1024O domingo, 5 de xuño, a partir das 11 da mañá  a casiña e eirado da Eira da Xoana, converterase nun espazo de recuperación das feiras de sempre da nosa Galiza, na que poderás atopar diferentes produtos artesanais e de produción ecolóxica, entre outras actividades.

Coa actuación da  nosa Coral de Solfa, ás 13.00h. contribuiremos  a que poidamos disfrutar dun domingo entretido e enriquecedor.

Levaremos un autobús que saíra ás 11.00h. do CEIP das Fontiñas e ate completar as prazas podes sumarte. Para confirmar dispoñibilidade podes chamar ao 676675030.