Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Concerto do Nadal 2016

Concerto do Nadal 2016

nadal2016Concerto da Banda de música e Coral de Solfa o día 23 de decembro, ás 20,00h no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Nestas datas gustaríanos que o mundo fose un lugar fermoso e que o Apalpador non tivese que saír da Galiza a visitar tantos mozos e mozas que emigraron para buscar un traballo fóra do País; que non tivese que atender  tantos nenos e nenas que marchan obrigados fóra dos seus fogares escapando das guerras, da fame… fan viaxes en pateiras para finalizar en campos de concentración espallados por Europa. Este concerto vai para todos eles/elas, mentres os autores de tales traxedias atesouran riquezas e queren converter este mundo nun espazo sen memoria, sen conciencia…

Programa do concerto