Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Día de Rosalía de Castro 2017

Día de Rosalía de Castro 2017

diaderosaliadecastro_panteonA Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

O acto central terá lugar ás 12:00 do domingo 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, e a coral de Solfa participará nesta homenaxe a Rosalía cantando:

  • A Rosalia (Letra de M. Curros Enríquez; música: J. Alfredo Oliveira)
  • Negra Sombra (Letra: Rosalía de Castro; música: J.M. Capón)
  • Has de cantar (Letra de Rosalía de Castro; música: Antonio B. Celada)

Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) no Día de Rosalía de Castro 2017