Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Concerto dos alumn@s, coral, pandereteir@s e Banda de música de Solfa

Concerto dos alumn@s, coral, pandereteir@s e Banda de música de Solfa

O próximo luns día 26 de xuño, ás 19.30h. no centro sociocultural das Fontiñas daremos por finalizadas as clases de instrumento e linguaxe musical para dar paso as vacacións e recargar máis folgos, se cabe, para o próximo curso 2017.

Como remate deste curso os alumn@s de frautas, clarinetes, saxos e percusión  deleitarannos cun programa de música clásica e tradicional. Logo intervirá a coral, pandereteiras e finalmente a banda de música pechará este concerto.

Convidámoste, un ano máis, a que compartas a ilusión e o esforzo realizado polos alumnos@s, profes e directiva da nosa asociación.

Programa do concerto