Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Concertos didácticos no Centro Sociocultural das Fontiñas

Concertos didácticos no Centro Sociocultural das Fontiñas

Hoxe, 28 de marzo ás 20.30h., comezaron os concertos didácticos no Centro Sociocultural das Fontiñas. Foro cheo de familiares, amigos e amigas animadas a escoitar e apoiar con fervor cando os nervios se apoderan dos alumnos e alumnas de Solfa.
Cristian Leggiero, profesor de Piano, presentou os nove alumnos e alumnas de piano que interpretaron desde estudos sinxelos de F. Burgmüller até obras mais complexas de L.V. Beethoven.

A continuación Carlos Seráns Santos, profesor de bombardino, presentou ao seu alumno que nos interpreta un Lento e largo de Benedetto Marcello.
As frautas, a cargo do profesor David Martínez, fixeron que puidésemos gozar con O cascanoces de Thchaikowsky e co Duetto para dúas frautas de Benoit Berbiguier. Os alumnos e alumnas de clarinete, con Martín Baleirón, despedíronnos até o próximo día 4 de abril. Realmente, unha xornada entrañable na que saímos coa máxima de que, con esforzo e traballo, os resultados poden ser espectaculares.