Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > V Convivio da Cultura Galega na carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei

V Convivio da Cultura Galega na carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei

Organizado pola Casa-Museo Manuel María, a Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa. Unha nova edición do Convivio da Cultura Galega terá lugar o sábado 14 de xullo durante todo o día en Outeiro de Rei da Terra Chá.

O Convivio é un espazo de encontro, de amizade e de intercambio absolutamente aberto á participación de todo o asociacionismo de base que hoxe hai na Galiza.

Desde música tradicional, teatro, concerto da coral de Solfa, concerto da Banda de música de Rábade-Begonte, visita a Casa – Museo de Manuel María, pandereteiras de Monte Alto e moita festa na Carballeira de Santa Isabel ao lado do Miño.

Sairá un autobús de Fontiñas da Rúa de Roma, ao lado do CEIP ás 9.00h. Até completar as prazas podes apuntarte no teléfono 676675030. A data límite para anotarse será o próximo xoves día 28 de xuño.

Programa