Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Manifestación o 17 de maio: Máis que nunca queremos liberdade, igualdade e xustiza para o galego

Manifestación o 17 de maio: Máis que nunca queremos liberdade, igualdade e xustiza para o galego

 

A Asociación Solfa, que forma parte da plataforma Queremos Galego, fai un chamamento a tod@s os soci@s de Solfa para que o día 17 de maio participen na manifestación de Queremos Galego baixo o lema Máis que nunca queremos liberdade, igualdade e xustiza para o galego.
 

Santiago de Compostela acollerá a manifestación que sairá da Alameda ás 12h.

  • Máis que nunca queremos galego porque a situación do galego é crítica mais a situación pode mellorar se se comezar por recoñecer o dereito a ser lingua visíbel, audíbel, e practicábel sempre, a respirar libremente en todos os espazos.
  • Máis que nunca queremos galego porque o 22,7% das persoas de 4 a 15 anos non saben falar galego.
  • Máis que nunca queremos galego porque existen límites de todo tipo, tamén legais, para empregalo con normalidade.
  • Máis que nunca queremos galego porque o goberno galego non só non exerce o seu deber estatutario de defender a lingua, senón que actúa en contra, en ámbitos decisivos como a educación, a sanidade, a xustiza ou os medios de comunicación.
  • Máis que nunca queremos galego porque hai unha nova ofensiva xudicial e política contra o galego como a recente sentenza do Tribunal Supremo contra a ordenanza de normalización lingüística do Concello de Lugo.

Manifesto Máis que nunca queremos liberdade, igualdade e xustiza para o galego

Máis información en Queremos galego