Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Continuamos cos concertos didácticos. Piano e percusión

Continuamos cos concertos didácticos. Piano e percusión

Disfrute e  limpeza da sala a cargo de Clara, Antón, Ramón Daniel, Yolanda e Gonzalo. Parabéns.Hoxe, día 4 de abril, ás 20.30h. o Centro Sociocultural das Fontiñas segue acollendo os concertos didácticos. Cristian Leggiero, profesor de piano, vainos presentando os seus alumnos e alumnas.  Día  especial para Sara García Cánive, o seu primeiro concerto en Solfa que superou con moita brillantez un Estudio – J. Bastien.

Continúan @s pianistas:  Antía Louzao, Ramón Daniel  Regueiro e Andrea Fernández. Pecha o ciclo de pianistas Lucía Seráns con  Nocturno – F. Chopin.

Seguidamente os percusionistas, a cargo  de Gonzalo Pampín, deléitanos con obras desde E.Sejorné/P. Velluet, interpretada por Yolanda Balboa ate o emotivo estreo de Javier García Cacharrón.  Os intensos aplausos para Miguel Millán, Javier García e Clara Rei na interpretación de Bossa Variations de E.Sejourné / P. Velluet, converteuse nun recoñecemento a grande labor de Gonzalo Pampín.

Finalmente rematamos con Escombrandrum de F. Cogollos,  despois dos nervios veu a  relaxación,  disfrute e  limpeza da sala a cargo de Clara, Antón, Ramón Daniel, Yolanda e Gonzalo. Parabéns.