Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Concerto final de curso 18/19 do alumnado, pandereteiras e coro de Solfa

Concerto final de curso 18/19 do alumnado, pandereteiras e coro de Solfa


O próximo mércores 19 de xuño ás 19:30 h. teremos o concerto de fin de curso 2018/19.

Iniciaremos o concerto coas interpretacións do alumnado de Solfa cos distintos instrumentos de óboe, saxo, clarinete, frauta e percusión. De seguido, escoitaremos aos dous grupos de cámara.

Intervirán finalmente os dous grupos de pandereteiras e poremos o punto final do concerto coa interpretación do coro de Solfa.

Agradecemos a tódolos/as socias,socios e profesorado a súa fidelidade e colaboración e queremos desexar un feliz verao.

Vémonos no inicio do próximo curso.

Programa do concerto

  Rigoleto: Coro do Acto I  Xota de Lira
 Muiñeira de Sabaxáns
 Gotinha deágua