Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > VI Convivio da Cultura Galega na carballeira de Santa Isabel

VI Convivio da Cultura Galega na carballeira de Santa Isabel

Unha nova edición do Convivio da Cultura Galega terá lugar o sábado 13 de xullo durante todo o día en Outeiro de Rei da Terra Chá nunha fermosa paraxe, querida e presente na vida e obra de Manuel María, como é o Campo de Santa Isabel.

A Santa Isabel, miña amiga, irei.
A Santa Isabel de Outeiro de Rei.
Esta meu camiño
xunto ao río Miño.

O Convivio é un espazo de encontro, de amizade e de intercambio absolutamente aberto á participación de todo o asociacionismo de base que hoxe hai na Galiza.

Compartiremos dun día lúdico, de encontro, de foliada e xantar demorado…, ao redor da figura de Manuel María, para festexarmos a cultura do noso país e o traballo de base que levan a cabo as distintas asociacións culturais.

Non o perdades.