Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Visita guiada á Exposición NÓS de onte a hoxe: 100 anos de historia

Visita guiada á Exposición NÓS de onte a hoxe: 100 anos de historia

A A.C. O Galo  e Asociación Cultural e Musical Solfa, convidámosvos a unha visita guiada á Exposición NÓS de onte a hoxe: 100 anos de historia», organizada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura. Con ela conmemórase o centenario dunha iniciativa singular e decisiva na historia contemporánea da Galiza: o nacemento da revista Nós, revista de alta cultura que coloca a lingua, as artes e a ciencia galegas nun nível privilexiado de calidade, e cuxo primeiro número ve a luz o 30 de Outubro de 1920.

A exposición leva como lema: SER DIFERENTE É SER EXISTENTE, e realiza un percurso pola significación e a obra dos seus principais persoeiros: Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedraio, Ánxel Casal… con atención especial, e lóxica conexión xeracional, á figura de Ricardo Carvalho Calero, dedicatario do próximo Día das Letras Galegas 2020, testemuña excepcional desta época e estudioso constante da obra do Grupo Nós.

O próximo venres, 10 de xaneiro de 2020, ás 18:00 horas, no Museo do Pobo Galego, onde se encontra a exposición, comezarase coa proxección do audiovisual de 7 minutos, que acompaña e completa os textos. A seguir, o profesor Carlos Bernández, comisario da exposición, fará unha visita guiada, que durará sobre unha hora.