Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade

Actualidade

Día de Rosalía de Castro 2019. Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!

O domingo 24 de febreiro, ás 12:00 horas, terá lugar o acto central do Día de Rosalía, con entrada libre, no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.

Lectura do Manifesto da AELG por Ana Romaní.

Lectura de poemas rosalianos por Amelia García Hervella, Carlos Jiménez, Luz Méndez, Marga Pazos, Ana Pérez, Belén Regueira, Eva Sandino, Pilar Leiva, Aldara Lueiro Oliveira, Mencia Iglesias Otero, Xerardo Rodríguez, Paco Susavila e Lucía Veciño.

Coral da Asociación cultural e musical Solfa que interpretará:
A Rosalía Letra: Manuel Curros Enríquez Música: J. Alfredo Oliveira.

Cantiga do meu muíño Letra: Fiz Vergara Vilariño Música: Baldomero Iglesias, arranxos F. Tobar.

Has de cantar Letra: Rosalía de Castro Música: Antonio B. Celada Alonso.

Na beira do mar Letra: Rosalía de Castro Música: Antonio B. Celada Alonso

Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2019

Visita guiada á exposición Alba de Gloria en San Domingos de Bonaval

A Asociación cultural e musical Solfa e a AC. O Galo convidámoste este próximo venres, 22 de febreiro de 2019, ás 17.30h. á visita guiada á Alba de Gloria. Esta exposición reconstrúe na realidade virtual unha aproximación “única e emocional” en palabras do comisario Manuel Gago o discurso que Castelao dirixiu aos emigrantes en Bos Aires o 25 de xullo de 1948.

Neste último discurso público, Castelao recolle a historia de Galiza, representada por unha Santa Compaña de inmortais que loitaron pola nosa identidade.

As explicación sobre esta exposición, que se clausura a primeiros de marzo, correrá a cargo de Mª Antonia Pérez, presidenta do Galo. Como agasallo entrégase a cada asistent@ un libriño co texto Alba de Gloria.

Máis información sobre a exposición

Pregamos comunicar por correo electrónico: luciacarreira@mundo-r.com ou no teléfono 676675030.

Concerto dos alumnos/as de Solfa o próximo mércores 13 de febreiro

 

A Asociación cultural e musical Solfa ten o pracer de convidarvos ao concerto do alumnado de Solfa que se celebrará o próximo mércores, día 13, no Centro Sociocultural das Fontiñas ás 17.30h.

Comezará cun repertorio individualizado para pechar o concerto as dúas agrupacións instrumentais a cargo do mestre de clarinete Pablo Veiga.

Programa do concerto

Nadal, ti que cantas

Na Escola de Altos Estudos Musicais o 20 de decembro ás 20.30 h, a Asociación Cultural e Musical Solfa interpretará un repertorio de música vocal da tradición galega e lusófona á volta do nadal.

O concerto repasará pezas populares de países como Brasil e Portugal e interpretará composicións galegas de diversos autores e poetas contemporáneos.

Solfa centra a súa actividade, dende a súa creación en 1997, na música galega tanto culta como popular. Este concerto especial de nadal está dirixido por Francisco Tobar Cereijo.

Programación FestAlegre decembro 2018

Musigalizando o Nadal

 

A Asociación Cultural e Musical Solfa, un ano máis, visitará aos nosos maiores para ofrecerlles un bo Nadal e compartir con eles uns momentos de lecer e de recordos. Todos xunt@s formaremos unha coral na que interpretaremos música popular e panxoliñas.

 

  • Día 14 de decembro, na residencia de maiores en Volta do Castro, ás 17.00h.
  • Día 19 de decembro, en Servisenior/Os Tilos ás 17.00h.