Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade

Actualidade

CD Solfa 2023: Cantos de agora e de sempre

Colaboran

 

 

 

 

 

Prégase escoitar con auriculares, ou nun equipo de alta fidelidade

Carballos de Carballido

Na morte de Castelao

O maio

O meu barco

Costureiriña bonita

Eu de Marín ausenteime

Saudade

Fisterra

Xota de Lira

Gotinha de água

O rama

Himno Galego

 

Letra das cancións

XXXVIII Aniversario do Coro Aires de Bergantiños

 

Dentro do programa de actividades de Novembro con música, o Coro de Solfa vai acompañar o próximo sábado 18 de novembro ás 20:30 horas no Pazo da Cultura de Carballo ao Coro Aires de Bergantiños na celebración do seu XXXVIII aniversario.

 

Roteiro a pegada de Murguía en Compostela

 

O xoves, día 23 de novembro, ás 17h, VÍA GALEGA, en colaboración coa Agrupación Cultural o Galo e coa Asociación Cultural e Musical Solfa, organiza un roteiro sobre a pegada de Murguía en Compostela. A visita será guiada por Henrique Rabuñal. Escritor e profesor. Quedamos ás 17h na libraría Couceiro. Pregamos a todas as persoas interesadas en asistir que deben enviar un correo ao enderezo: compostela@viagalega.gal.

Visita ao Panteón Real

O sábado, 25 de novembro de 2023, ás 11:45, VÍA GALEGA, en colaboración coa Agrupación Cultural O Galo e coa Asociación Cultural e Musical Solfa, organiza unha visita guiada ao Panteón Real, situado na catedral de Santiago de Compostela, símbolo da importancia histórica e do poder e vontade do Reino de Galiza, onde están soterrados reis e personalidades do Reino de Galiza. A visita será guiada por Ramón Yzquierdo Peiró, Director Técnico do Museo da Catedral de Santiago. 

Contamos con 30 prazas. Por tanto, todas as persoas interesadas en asistir teñen que inscribirse no correo compostela@viagalega.gal antes deste próximo xoves, día 23. As prazas serán asignadas por orde inscrición e necesitamos que nos facilitedes o nome, dous apelidos e o número do DI.

Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Solfa curso 23/24

A Asociación Cultural e Musical Solfa preséntavos a nova proposta de actividades para o curso 2023-24

Oferta musical:

  • Coro
  • Pandeireta 
  • Baile tradicional

Horarios:   

Coral: luns e mércores de 20 a 21.30h.

Pandeireta:

  • Iniciación, luns de 17 a 18h.
  • Perfeccionamento, luns de 18 a 19h
  • Perfeccionamento, luns de 19 a 20h.

Baile tradicional:  Iniciación os mércores de 19 a 20h.

Prezos:

Socio/a: 3 euros mes

Cada disciplina son 12 €

Lugar: As actividades desenvolveranse no centro Sociocultural das Fontiñas

Prazo de matícula: Ábrese o prazo de matrícula do 18 ao 26 de setembro de 2023

Teléfono: 676675030 (atenderase no horario de 17 a 20h.)

Correo electrónico: asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal   

Domiciliación bancaria

Formulario de alta