Cargando imaxes...

Archivo de diciembre 2018

Nadal, ti que cantas

Na Escola de Altos Estudos Musicais o 20 de decembro ás 20.30 h, a Asociación Cultural e Musical Solfa interpretará un repertorio de música vocal da tradición galega e lusófona á volta do nadal.

O concerto repasará pezas populares de países como Brasil e Portugal e interpretará composicións galegas de diversos autores e poetas contemporáneos.

Solfa centra a súa actividade, dende a súa creación en 1997, na música galega tanto culta como popular. Este concerto especial de nadal está dirixido por Francisco Tobar Cereijo.

Programación FestAlegre decembro 2018

Musigalizando o Nadal

 

A Asociación Cultural e Musical Solfa, un ano máis, visitará aos nosos maiores para ofrecerlles un bo Nadal e compartir con eles uns momentos de lecer e de recordos. Todos xunt@s formaremos unha coral na que interpretaremos música popular e panxoliñas.

 

  • Día 14 de decembro, na residencia de maiores en Volta do Castro, ás 17.00h.
  • Día 19 de decembro, en Servisenior/Os Tilos ás 17.00h.

Poemas de «Os soños na gaiola» de Manuel María

 

O venres día 14 de decembro, ás 20 horas no Museo das Peregrinacións (Praza das Praterías. Santiago) realizarase a presentación do facsímil da 1ª edición d’Os soños na gaiola de Manuel María, con ilustracións de Reimundo Patiño nunha edición conmemorativa dos 50 anos desta obra.

Mostra de 12 ilustracións de Leandro Lamas sobre poemas d’Os soños na gaiola

A coral Solfa interpretará os poemas de Os soños na gaiola

Intervirán:

  • Alberte Ansede Estraviz, secretario da Fundación Manuel María
  • Montse Pena Presas, profesora da Universidade de Santiago de Compostela
  • Saleta Goy García, presidenta da Fundación Manuel María