Cargando imaxes...

Archivo de 2018

Concerto dos alumn@s, coral, pandereteir@s e banda de música de Solfa

O próximo luns día 25 de xuño, ás 19.30h. no centro sociocultural das Fontiñas daremos por finalizadas as clases de instrumento e linguaxe musical para dar paso as vacacións e recargar máis folgos, se cabe, para o próximo curso 2018.

Como remate deste curso os alumn@s de frautas, clarinetes, saxos e percusión deleitarannos cun programa de música clásica e tradicional. Logo intervirá a coral, pandereteiras e o grupo instrumental pechará este concerto. Convidámoste, un ano máis, a que compartas a ilusión e o esforzo realizado polos alumnos@s, profes e directiva da nosa asociación.

Programa

Presentación do Diario Galego

Día 20 de xuño, mércores, ás 19.30h. no auditorio do Museo do Pobo Galego, presentarase o Diario Galego. Organiza a Agrupación cultural o Galo, falará, entre outros, Xoán Costa, presidente do Concello de administración de Sermos Galiza. Actuarán as pandereteiras de Chorima e a Coral Solfa.

Sermos Galiza prepara a saída dun xornal diario en papel para o ano 2019. “Un semanario, o único en lingua galega neste momento nos quiosques. Un dixital, líder nas redes sociais e que no pasado mes de outubro bateu todos os seus récords ao totalizar máis de 140.000 usuarias únicas. Un proxecto de comunicación en crecemento constante. Esa é a realidade de Sermos Galiza, unha iniciativa nada da base social do país con propósito de alargar o espazo de comunicación galego, de o fortalecer de o facer centro de gravidade, nunca satélite…” Fonte e máis información en diario dixital de Sermos Galiza: http//www.sermosgalicia.gal

X Encontro de música coral e tradicional

O sábado 9 de xuño, na Igrexa da Parroquia das Fontiñas ás 20.30 h. terá lugar o X Encontro de música coral e tradicional.

Este encontro é organizado pola Cofradía do Sto. Antonio e conta coa colaboración da Asociación cultural e musical Solfa.

As corais actuarán por esta orde:

  • Coral polifónica Aires de Carral
  • Escolma Coralis da Coruña
  • Coral de Solfa de Compostela
  • Coral Carroceira Castrosúa

Programa

Iniciativas da Fundación para a Diabetes

A Fundación para a Diabetes, organizou un percorrido parcial do Camiño de Santiago para persoas diabéticas co fin de animar a outros pacientes a facer exercicio físico.

Está previsto que máis de 100 persoas participantes cheguen á praza das Praterías este sábado, 9 de xuño, sobre ás 13.h.

A coral de Solfa recibiraos dándolles un pequeno concerto. Manifestamos, deste xeito, o noso apoio a estas iniciativas saudábeis para todas as persoas que padecen esta doenza. Máis información: https://www.galiciapress.es

Arte, poesía e música na paisaxe de Lóuzara

O próximo 2 de xuño de 2018, a coral da Asociación Cultural Musical Solfa, participará no roteiro de Fiz Vergara Vilariño. Desde o alto de Aira Padrón (a 1 110 m. de altitude por onde pasa o límite entre o concello do Incio e o de Samos e desde onde se poden ver as paisaxes de Fole, Novoneira, Marica Campo, Lois Pereiro, Olga Novo e incluso, en días claros, as de Manuel María. Baixaremos a Santalla de Abaixo, percorrendo as paisaxes do poeta que nos guía: Fiz Vergara Vilariño, un roteiro que funde a escultura de trece artistas da provincia cos versos de Fiz e que foi creado pola Agrupación Cultural Ergueitos, deica a súa casa, o seu muíño albeiro, a súa Fonte da Cova (xigantesca vaxina de pena caliza) no val xabreiro; con trece paradas para gozar da arte da poesía e da paisaxe. Rematará cun acto literario na Aira de Tesín no que participaremos coas nosas cancións.

Programa