Cargando imaxes...

Archivo de enero 2020

Exposición Galiza no mundo

O xoves, 6 de febreiro, ás 17.30h no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura realizarase unha visita guiada á exposición Galiza no mundo

A exposición ‘Galicia un relato no mundo’ reune 3.000 pezas cun “elevado valor simbólico e que resultan esenciais para comprender a cultura e a identidade galega no marco histórico internacional e que nunca se exhibiron na Galiza”.

Poderáse ver: O libro das Invasións, contemplaremos un dos primeiros mapa mundi enciclopédicos europeos e que representa a Catedral de Santiago como o edificio máis importante de Europa, Conta con dous códices calixtinos, a Santa de Asorey, unha das obras máis relevantes da arte galega…A través da realizade virtual, poderás facer unha viaxe nun trassatlántico da emigración galega a América, …

Toda a información sobre esta importante exposición que organiza a Xunta de Galicia e Fundación Cidade da Cultura en: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-un-relato-no-mundo

Visita guiada á Exposición NÓS de onte a hoxe: 100 anos de historia

A A.C. O Galo  e Asociación Cultural e Musical Solfa, convidámosvos a unha visita guiada á Exposición NÓS de onte a hoxe: 100 anos de historia», organizada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura. Con ela conmemórase o centenario dunha iniciativa singular e decisiva na historia contemporánea da Galiza: o nacemento da revista Nós, revista de alta cultura que coloca a lingua, as artes e a ciencia galegas nun nível privilexiado de calidade, e cuxo primeiro número ve a luz o 30 de Outubro de 1920.

A exposición leva como lema: SER DIFERENTE É SER EXISTENTE, e realiza un percurso pola significación e a obra dos seus principais persoeiros: Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedraio, Ánxel Casal… con atención especial, e lóxica conexión xeracional, á figura de Ricardo Carvalho Calero, dedicatario do próximo Día das Letras Galegas 2020, testemuña excepcional desta época e estudioso constante da obra do Grupo Nós.

O próximo venres, 10 de xaneiro de 2020, ás 18:00 horas, no Museo do Pobo Galego, onde se encontra a exposición, comezarase coa proxección do audiovisual de 7 minutos, que acompaña e completa os textos. A seguir, o profesor Carlos Bernández, comisario da exposición, fará unha visita guiada, que durará sobre unha hora.