Cargando imaxes...

Archivo de marzo 2020

Terceira edición dos Cantos de taberna

O próximo sábado 7 de marzo ás 20 horas no Centro social Sagrada Familia na rúa Sagrada Familia nº  26 da Coruña, terá lugar a 3ª edición dos Cantos de taberna onde acompañaremos ás Cantareir@s.comTIGO e mais ao Grupo de Música Tradicional A Rexouba.

En colaboración coa Deputación da Coruña, o Coro da Asociación Cultural e Musical Solfa, dirixida por Francisco Tobar interpretará:

  • Carballos de Carballido (Letra: Eduardo Pondal; Música: Alberte López Porta; Arr: Francisco Tobar)
  • Has de cantar (Letra: Roslía de Castro; Música: Antonio B. Celada)
  • O maio (Letra:Manuel Curros Enríquez; Música: L.E.Batallán; Ar: Plácido Travieso)
  • María Soliña (Letra: Celso Emilio Ferreiro; Música: Antonio Paz Valverde, Arr.: Francisco Tobar)
  • Xota de Lira ( Popular galega; Arr.: Francisco Tobar)