Cargando imaxes...

Archivo del 9 junio, 2022

Homenaxe a Manuel Lourenzo

A asociación cultural-musical Solfa ten a ben convidarte á homenaxe que Galiza Cultura, en colaboración coa Asociación cultural o Galo e a Asociación cultural e musical Solfa, lle realizarán a Manuel Lourenzo, unha das figuras máis importantes do teatro galego, nas súas facetas de autor, director, actor, produtor, editor, docente, conferenciante, tradutor e dinamizador de iniciativas teatrais.

Manuel Lourenzo foi fundador de diferentes grupos ou compañías de teatro, tales como o Grupo Teatro Circo, A Compañía Teatral Luís Seoane o Club de Teatro Elsinor e cofundador do Grupo de Teatro O Facho e a Escola Dramática Galega. Autor prolífico con máis de 150 obras dramáticas, moitas delas estreadas e publicadas, mais, tamén, participou como intérprete en numerosos audiovisuais, series de televisión e filmes.

Manuel Lourenzo ten recibido numerosos galardóns pola súa inmensa labor como escritor e director teatral. Nesta homenaxe presentarase a súa obra completa, recopilada en sete tomos, e recentemente publicada pola Federación Galiza Cultura.

Data e hora: Martes, 14 de xuño de 2022, ás 19:30h

Lugar:  Salón-Teatro (sede do Centro Dramático Galego). Rúa Nova nº 34. Santiago de Compostela.

Intervirán na homenaxe:

  • Susana Dans, actriz
  • Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía Castro da Coruña.
  • Quico Cadaval, actor
  • A Coral da Asociación cultural e musical Solfa
  • Francisco Núñez, director do Centro Dramático Galego
  • Xosé Manuel Carril, presidente da Federación Galiza Cultura
  • Brandán Lourenzo, gaiteiro

Por cuestións organizativas, precisamos que nos confirmes, antes do día 12 de xuño, a asistencia, chamando ao número de teléfono 676675030 ou no correo electrónico asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal

A entrada é gratuíta até completar o aforo.