Cargando imaxes...

Archivo de noviembre 2022

Visita guiada ao Panteón Real

O martes, 29 de novembro, Vía Galega, en colaboración coa Asociación cultural e musical Solfa e coa Agrupación cultura o Galo, estamos a organizar dúas visitas guiadas por Francisco Rodríguez ao Panteón Real. Lugar, dentro da Catedral de Santiago, no que están soterrados reis e personalidades do Reino de Galiza.

Visita que nos dará a oportunidade de coñecer algo máis da nosa historia.

Haberá dúas quendas: a primeira  ás 17.15h. e a segunda ás 18,15h. O foro máximo é de 25 persoas por grupo. Para asistir, é necesario apuntarse e pasarnos o nome, apelidos e DI antes do día 25.

Medios de contacto: asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal

Fotos da visita guiada ao Panteón Real

Presentación do Caderno Símbolos Nacionais de Galiza

O martes 15 de novembro ás 18.30h no Museo do Pobo Galego presentarase o caderno Símbolos Nacionais de Galiza.

Intervirán os seus autores Manuel Ferreiro, catedrático da UdC e especialista e investigador do noso himno e da obra de Eduardo Pondal, e mais Xoán Costa, profesor, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza e investigador da nosa bandeira.

Ao final da presentación terá lugar a interpretación do Himno galego por parte da coral Solfa.

Máis información en Vía Galega

Imaxes da presentación do Caderno

Exposición Laxeiro en América

O martes 8 de novembro ás 17:45h. no Edificio do Museo na Cidade da Cultura, estades convidad@s a visita guiada á exposición LAXEIRO EN AMÉRICA que organizan a Agrupación Cultural O Galo e a Asociación Cultural e Musical Solfa.

Nesta mostra ollaremos a obra do pintor de Lalín que nunca se exhibiu no Estado Español e que foi realizada durante a súa longa estadía en Bos Aires.

Esta exposición estará explicada por un dos expertos que mellor a coñecen, Xavier Pérez Buján, director da Fundación Laxeiro que tamén contestará as nosas preguntas.

A visita terá unha duración aproximada dunha hora e para participar debedes apuntarvos no watsap de Lucía Carreira 676675030 ou ben no correo asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal

Texto da visita guiada

Fotos da visita á exposición