Cargando imaxes...

Director

 

Pablo Veiga González

Natural de Merza (Pontevedra) inicia aos 9 anos de idade os seus primeiros estudos de solfexo e clarinete con Xurxo Guzmán  e Enrique Víz na escola da Banda Artística de Merza. Con posterioridade recibe clases de José Manuel Collazo, Astrid Fernández e Braulio Cao.

Marcell van Bree e Vanessa Weber complementan a súa formación no Conservatorio Profesional de Lalín.  Asiste a cursos con Asterio Leiva, Dario Mariño, Eric Hoeprich e V. Rius Martí (clarinete), José Luis Quintás (harmonía e análise) e José Somoza (iniciación ao Jazz).

Formou parte, entre outras agrupacións, da Banda Sinfónica da Federación Galega, Banda Filharmónica de Galicia, Harmonía de Galicia e Banda Filharmónica do Salnés. É Colaborador habitual de numerosas bandas populares galegas.

Participou en diversos certames e festivais ao longo de toda a xeografía estatal: Pontevedra, Santiago, Campo de Criptana, Valencia, Altea, Sénia, Aranda; así como tamén no estranxeiro: Tolouse, Roma, kerkrade…

Conta con experiencia docente nas escolas de música municipais  de Vila de Cruces e Lousame, ademáis dun breve periodo nos CPI de Pontecarreira e Xanceda. Finalmente, colaborou en media ducia gravacións editadas entre os anos 1998 – “171 anos de tradición musical”  e  2016 – Monográfico de PD do século XXI.