Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Musigalizando > Musigalizando 2008

Musigalizando 2008

Tras o éxito da primeira edición de Musigalizando, a Asociación Cultural Musical Solfa, xunto coa Banda da Escola de Música de Rianxo e a Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, decidimos repetir a experiencia no ano 2008. Convidouse tamén a Banda Infantil de Merza, aumentando o número de nenos/as, mozos e mozas até os 120 compoñentes.

Desenvolveuse, como o primeiro ano, nas instalacións do albergue de Gandarío-Sada durante a semana do 23 ao 28 de xuño. Rematamos o campamento cun concerto no Auditorio Pintor Lloréns en Sada o sábado, día 27 de xuño, e o domingo 29 clausuramos a actividade no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo.

A valoración desta segunda edición foi moi positiva en canto ao incremento de coñecementos e novas relacións que fan que estes instrumentistas queiran repetir os vindeiros anos. Por parte da organización e profesores, vemos que son experiencias inesquecíbeis e cun alto valor educativo e humano.

 

Notas de prensa

21 de xuño de 2008 La Voz de Galicia

24 de xuño de 2008 La Voz de Galicia