Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Musigalizando > Musigalizando 2010

Musigalizando 2010

Un ano máis, a Asociación Cultural-Musical Solfa, a Banda da Escola de Música de Rianxo e a Banda de Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia organizamos, baixo o patrocinio da Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, e coa colaboración do Concello de Santiago o cuarto campamento Musical en Gandarío que se desenvolveu na semana do 22 ao 28 de xuño co nome de Musigalizando.

Como agrupacións musicais convidadas participaron un ano máis en Musigalizando a Banda Infantil de Merza e a Banda de Música de Arca.

Finalmente os 140 compoñentes ensaiaron conxuntamente ademais de gozar duns días de convivencia e formación.

Os instrumentistas deron o mellor de si nun concerto multitudinario o 27 de xuño na Praza da Quintana en Compostela onde puidemos gozar do seguinte programa:

Banda xuvenil

Coruña de Bernardo del Río
Smithsonian Suite de Brian Balmages
Rikudim de Jan van der Roost
Variazioni in Blue de Jacob de Haan

Banda sinfónica

Viaxe ao centro da Terra de Antón Alcalde
Pontus Veteris de Ángel Montes
Esbozos Sinfónicos de X. Carlos Seráns
Extreme Make-over de Johan de Meij