Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Musigalizando > Musigalizando 2011

Musigalizando 2011

Por quinto ano consecutivo, a Asociación Cultural-Musical Solfa, a Banda da Escola de Música de Rianxo e a Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, baixo o patrocinio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e coa colaboración do Concello de Santiago, organizamos un campamento Musical en Gandarío, que se desenvolveu  na semana do 22 ao 28 de xuño co nome de Musigalizando.

Aos compoñentes das tres agrupacións, sumáronse instrumentistas da  Banda de música de Padrón e da Banda de Música da Golada. Con máis de 90 integrantes puidemos conformar a Banda Xuvenil e a Banda Sinfónica. Días de traballo, esforzo e superación que culminaron nun grande concerto na Praza da Quintana o día 28 de xuño, ás 20.00h. E permanecerán nas nosas vidas eses recordos, gravados no noso maxín, nos que a amizade, as boas relacións e o respecto entre todos e todas fan que as bandas de música ocupen un lugar privilexiado nas nosas vidas.

As lágrimas dos máis novos e novas selaron esa petición e deixaron claro o complicado que é despedirse de Musigalizando. Parabéns aos directores polo traballo realizado e agradecementos aos monitores e persoal de Gandarío que fixeron que a nosa estancia fose realmente moi agradábel.

O pobo galego posúe unha riqueza musical que non ten límites, son moitos milleiros de persoas e asociacións que se moven ao redor da música. Máis de 5000 mozos e mozas, nenos e nenas integran estas agrupacións bandísticas. Musigalizando forma parte deste grande puzle musical que axuda a conservar, construír e querer o patrimonio cultural e musical de Galiza.

Ficha técnica:

  • Dirección técnica:

Lucía Carreira Pérez
María Xosé Santos Paz

  • Directores:

Rafael Collazo Moares
Xosé Carlos Seráns Olveira
Víctor Fernández Vázquez
Braulio Cao Ledo
Nilo García Armas

  • Monitores, Xandobela:

Rocío Couto Rendo (chío)
Lucía Valcárcel González
Álvaro Mera López (badú)
Antonio Carrillo Fernández (Toño)

  • Instalacións: Albergue de Gandarío.

Programa Musigalizando 2011