Cargando imaxes...
Asociación Solfa

23 de febreiro día de Rosalía de Castro

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora, un ano máis, o Día de Rosalía de Castro.

O sábado día 25 de febreiro, ás 12 h., celebrarase o acto central  no Panteón de Galegos Ilustres.  

Carme Adán poñeralle voz ao Manifesto e a Coral de Solfa interpretará diversas cancións neste solemne acto.  

Finalizarase coa lectura de diversos poemas da nosa poeta nacional.

Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro 2023

Visita guiada ao Panteón Real

O martes, 29 de novembro, Vía Galega, en colaboración coa Asociación cultural e musical Solfa e coa Agrupación cultura o Galo, estamos a organizar dúas visitas guiadas por Francisco Rodríguez ao Panteón Real. Lugar, dentro da Catedral de Santiago, no que están soterrados reis e personalidades do Reino de Galiza.

Visita que nos dará a oportunidade de coñecer algo máis da nosa historia.

Haberá dúas quendas: a primeira  ás 17.15h. e a segunda ás 18,15h. O foro máximo é de 25 persoas por grupo. Para asistir, é necesario apuntarse e pasarnos o nome, apelidos e DI antes do día 25.

Medios de contacto: asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal

Fotos da visita guiada ao Panteón Real

Presentación do Caderno Símbolos Nacionais de Galiza

O martes 15 de novembro ás 18.30h no Museo do Pobo Galego presentarase o caderno Símbolos Nacionais de Galiza.

Intervirán os seus autores Manuel Ferreiro, catedrático da UdC e especialista e investigador do noso himno e da obra de Eduardo Pondal, e mais Xoán Costa, profesor, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza e investigador da nosa bandeira.

Ao final da presentación terá lugar a interpretación do Himno galego por parte da coral Solfa.

Máis información en Vía Galega

Imaxes da presentación do Caderno

Exposición Laxeiro en América

O martes 8 de novembro ás 17:45h. no Edificio do Museo na Cidade da Cultura, estades convidad@s a visita guiada á exposición LAXEIRO EN AMÉRICA que organizan a Agrupación Cultural O Galo e a Asociación Cultural e Musical Solfa.

Nesta mostra ollaremos a obra do pintor de Lalín que nunca se exhibiu no Estado Español e que foi realizada durante a súa longa estadía en Bos Aires.

Esta exposición estará explicada por un dos expertos que mellor a coñecen, Xavier Pérez Buján, director da Fundación Laxeiro que tamén contestará as nosas preguntas.

A visita terá unha duración aproximada dunha hora e para participar debedes apuntarvos no watsap de Lucía Carreira 676675030 ou ben no correo asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal

Texto da visita guiada

Fotos da visita á exposición

Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Solfa curso 2022/23

Do día 17 ao 23 de setembro, ábrese o curso da Asociación cultural e musical Solfa, despois do parón da pandemia.

Comezaremos cos ensaios da coral e clases de pandeireta.

Os ensaios e clases comezarán o día 3 de outubro.

Atenderemos no teléfono 676675030 (tardes de 5 a 8 h.)

Correo electrónico: asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal

Información matrícula Asociación Solfa 2022/2023