Cargando imaxes...

Profesorado

Clarinete

uxia

Uxía Bolaño Amigo nace en Rianxo, onde comeza os seus estudos musicais cos mestres Santiago Goldar e Rafael Collazo, para logo continuar a súa formación no Conservatorio de Música Felipe Paz Carbajal de Noia co Profesor Martín Baleirón.

Finaliza o Grao Profesional de Música no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela co Profesor Saúl Canosa, obtendo o Premio Fin de Grao. No ano 2011 accede ao Grao Superior de Música na ESMAE (Escola Superior de Música e Artes Escénicas) de Porto, onde estuda cos mestres Nuno Pinto e António Saiote. Ao tempo, licénciase en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde cursa logo o Máster de Investigación da Facultade de Ciencias da Educación sendo Bolseira do Ministerio de Educación e Ciencia.

Actualmente estuda último ano de Grao Superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo co Profesor Asterio Leiva e desenvolve labores profesionais de Técnica de Apoio á Investigación no Grupo SEPA-interea da USC. Asiste con asiduidade a cursos e masterclass de clarinete con mestres de renome internacional e actúa con diversas agrupacións da península. É membro do Equa Ensemble, da Banda da Escola de Música de Rianxo e da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

Frauta

Carlota Mª. Salgado Lea nace en Merza, Vila de Cruces no 1988.
Graduada en frauta traveseira no Conservatorio de Grao Profesional de Pontevedra.
Estudante de Grao Superior de Frauta (4º curso) Conservatorio superior de A Coruña).
Comeza a súa formación musical con Susy Trastoy Cuba.
Titulada en Grao Profesional de frauta traveseira polo Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra con Francisco Seoane no 2010.
Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo na facultade de Belas Artes de Pontevedra no 2010.
En 2017 estuda 4º curso de grao superior de Frauta no Conservatorio Superior da Coruña con César Concheiro e Miguel Gil e compaxina co CEI (Curso de Especialización Instrumental) na EAEM (Escola de Altos Estudos Musicais) con Laurent Blaiteau.
Realizou cursos de formación frautística con Adrián Silva Magdalena, Fernando Raña, Mº José Ortuño, Luís Soto, Henrik Weise, János Bálint, Elena Cecconi, Ginebra  Petrucci e André Cebrián entre outros.

Experiencia bandística /orquestral.
Instrumentista da Banda Artística de Merza dende o ano 2000.
Forma parte da orquestra do Musical de Sweeney Tood en Praga, República Checa 2011-2012.
Orquestra GAOS 2014.
Encontro orquestral na Escola de Altos Estudios Musicais con Maximino Zumalave 2017
Cuarteto de frautas de Biselas.

 

Óboe e Solfexo

sara

Sara Fernández Precedo. Natural de Santiago de Compostela, desde moi nova colabora con distintas bandas, entre elas a de Solfa, na cal imparte clases de óboe nos cursos 2008 a 2011. Obtén no Conservatorio Profesional de Música de Santiago o título de grao medio de óboe no ano 2011 coas máximas cualificacións cos profesores Sonia Avilés e Guillermo Pérez. Recibe leccións maxistrais de mestres como Eduardo Martínez, Lucas Macías, Ramón Ortega, Christina Dominik, Esther Viúdez, David Villa, Roberto Baltar, Gerôme Gichard…

Colabora con diferentes agrupacións como Orquestra Filharmónica de Pontevedra, Orquestra Vigo 430, Orquestra Gaos, Orquestra Juvenil de Santander, Joven Orquestra Sinfónica de Cantabria, Orquestra de Cámara da Joven Orquestra Sinfónica de Cantabria coa que realiza un importante intercambio en Crans-Montana (Suíza), Camerata Aragón, Banda municipal de Pontevedra, Banda municipal de Santiago, Banda Sinfónica da Federación de Bandas de Música Populares.

No ano 2015 gaña o Concurso de Solistas do Conservatorio Superior de Música de Aragón actuando de solista coa orquestra do propio centro. No mesmo ano obtén o título superior de óboe no CSMA cos profesores Francisco Gil Ferrer e José Antonio Masmano.

Actualmente realiza o curso avanzado de especialización orquestral da Real Filharmonía de Galicia.

Percusión

Sergio Suárez Lodeiro comeza os seus estudos de percusión co profesor Gustavo Pazos para posteriormente continualos no conservatorio profesional de Santiago de Compostela cos profesores Juan Collazo e Ton Risco. Actualmente realiza o último curso no Conservatorio Superior d’A Coruña co profesor Luís Sobrevela, ao mesmo tempo que é alumno da EAEM co profesor José Vicente Faus.

Asiste a cursos de perfeccionamento musical con profesores como: José Trigueros, José Belmonte, Nick Woud, Mark Braafhart, Gustavo Gimeno, Javier Navas ou Javier Eguillor.

Colaborou coa Xove Orquestra de Barcelona, Xove Orquestra de Málaga, Orquestra GAOS e Orquestra da EAEM entre outras.

Actualmente  tamén compaxina os estudos de percusión cos de dirección musical no Conservatorio Superior d’A Coruña co profesor Fernando L. Briones, ademais de asistir a clases co mestre Enrique García Asensio.

No ámbito docente, dá clase de percusión en diversas escolas de música como poden ser a Escola de música da Banda Isabel II de Touro, Escola de música de Outes, Escola de música da Unión Musical Ponteledesma entre outras.

Trombón, Tuba e Bombardino

Daniel Sánchez Barrán naceu en Arca (O Pino). Comezou os seus estudos musicais da man do seu pai. Aos 13 anos ingresa na Banda de Música de Arca. No ano 1974 ingresa na Banda Municipal de Santiago de Compostela como bombardino. Obtén o título de profesor de trombón no Conservatorio Superior de Santiago de Compostela.

Pertenceu ao Grupo de Metais de Santiago e estivo en diferentes orquestras e bandas de Galiza. Na actualidade é director da Escola de Música de Forcarei e profesor en Solfa.

Saxo

Adrian_PaisAdrián Pais nace en Rianxo (A Coruña) onde comeza os seus estudos de música con Rafael Collazo e José Fungueiriño Ramos. Realiza á vez cursos de perfeccionamento e masterclass con mestres da talle de Jean Marie Londeix, Claude Delangle, Marie Bernadette Charrier, Marcus Weiss ou Thomas Indermühler.

Realiza os estudos superiores de música no conservatorio das Illas Baleares con Andrés Gomis, Rodrigo Vila, Miguel Cantero, Ana Lencina e Yuko Mizutani, dentro do marco da Aula Internacional de Saxofón coa que está en contacto con numerosos mestres dunha forma contínua. Debido ó seu interese polas novas correntes musicais de hoxe accede o Conservatorio Rexional de Burdeos (Francia) na clase de Marie-Bernadette Charrier formando parte tamén da aula de música de cámara contemporánea. Durante esta etapa asiste tamén asiduamente xunto a Jean Marie Londeix facendo un traballo paralelo do repertorio clásico orixinal para saxofón.

Recibiu mais de 15 premios en diversos concursos nacionais e internacionais dos que destacan o “38º concurso de música de cámara Club Lyceum” de Suíza (Laussane), os premios recibidos na 10ª e 11ª edición do Concurso de música de cámara “Monserrat Alavedra” (Barcelona) ou o “Gran Prix” celebrado en Palma de Mallorca e co que interpretará como solista a Ballade para saxofón e orquestra do compositor F.Martin realizando a estrea en España.

Pertence a Art Sound Quartet e colabora con distintas formacións coas que realizou concertos por toda a xeografía española, así como en Francia, Suíza, Portugal, Estonia, Suecia ou Alemaña. Cabe resaltar o traballo discográfico “Capriccio” no 2012 onde reciben diversos recoñecementos así como tamén a participación nos Cds dos concursos Monserrat Alavedra gravados en directo nas finais do concurso nos anos 2010 e 1012.

A faceta pedagóxica tamén destaca na súa actividade con importancia da “Saxophone Academy Art Sound Quartet” que se celebra en Madrid e coa que participan diversos saxofonistas de talle mundial como profesores invitados. Tamén son invitados a realizar unha masterclass e concerto no Conservatorio Superior de Xaén no 2013 e 2014 ou no “Mallorca Saxophone Festival” no 2012. Adrián Pais tamén participa como profesor no “IV Encontro Galego do Saxofón” en 2012 así como nos Cursos de Saxofón de Rianxo nos anos 2011 e 2012 e nos “Encontros de saxofón” de Catoira no 2013-2014. Este mesmo ano é invitado a realizar marterclass nos Conservatorios Superiores da Coruña e Xaén e no Conservatorio Profesional de Culleredo.

Actualmente realiza un traballo de creación con compositores e artistas de hoxe sendo dedicatario de novas obras e participando na estrea en diversos festivais como o Festival “Mixtur 2013” de Barcelona, ou festivais en Burdeos (Francia) e Escandinavia.

Pandeireta
clara-rei-garciaClara Rei García. Naceu en Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1992. Sendo filla de pandeireteira e gaiteiro levou consigo desde pequena a curiosidade e o gusto pola música tradicional. Na infancia acudiu a aulas de pandeireta e logo baile tradicional na escola de “Cantigas e Agarimos”.
Continuou os seus estudos musicais cursando percusión na Asociación Músico- Cultural Solfa e formando parte da banda da mesma. En 2008, cursou o Bacharelato de Artes Escénicas, Música e Danza no IES Antón Fraguas, tendo profesores como Manolo Maseda, excantante e acordeonista dos Diplomáticos de Monte-Alto. Do 2011 o 2015 foi alumna da Escola de Brincadeira, coa profesora María Iglesias. Actualmente estuda o último curso do Grao de Mestre de Educación Primaria, facendo a mención en Educación Musical.