Concerto final de curso de Solfa 23/24
A Asociación cultural e musical Solfa celebrará o próximo luns día 17 de xuño o seu Concerto final de curso coa participación do Grupo de baile, Grupo de pandereteiras e mais o Coro de Solfa.
O concerto será no Centro Sociocultural das Fontiñas ás 19 horas e estades todas e todos invitadas.
Este concerto conta coa colaboración da Deputación da Coruña