Encontro coral na Serra de Outes
A Coral de Solfa, convidada pola Coral Francisco Añón de Outes, vai participar nun encontro de corais, nas que intervirá a nosa coral, seguida da Coral Agustín González de Louro e da Coral María Auxiliadora de Vigo e pechará o encontro a Coral Francisco Añón. Este encontro, conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
O encontro será o sábado, 26 de outubro de 2024, ás 20.30h. na Capela da Serra de Outes.
A Coral de Solfa interpretará:
- Torre de Hércules (Letra: Francisco Añón Música: Francisco Tobar Cereijo)
- Costureiriña bonita (Letra e música popular Arr.: Francisco Tobar Cereijo)
- O Carro ( Letra: Manuel María Música: Xosé Luís Rivas Arr.: M. Ángel Vivo)
- Ó rama, ó que linda Rama (Canción popular portuguesa Harm: Adelino Martíns)
Fotos do encontro: https://photos.app.goo.gl/LnHSzyorshUyXQ8J7