Festival de Panxoliñas en Melide
A Coral de Solfa, o día 14 de decembro, participa no concerto do Festival de Panxoliñas en Melide. Festival organizado pola Coral polifónica de Melide e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
Este concerto dará comezo ás 19.30 no Centro Cultural Mingos de Pita e interviran en primeiro lugar a Coral de Solfa, seguidamente o Orfeón Xoán Montes de Lugo e pechará o acto a Coral polifónica de Melide.
Fotos do Festival de Panxoliñas: https://photos.app.goo.gl/6bx4AMThZpLXFXSCA