Cantar a nación. Aniversario da estrea do Himno Galego
O día 20 de decembro, vanse cumprir 117 anos que no Gran Teatro da Habana se interpretaba por primeira vez, solemnemente, o himno nacional galego. Estamos ante un feito histórico relevante, xa que o Himno, como símbolo nacional, fortalece a nosa autoestima, identifícanos e represéntanos colectivamente e sustenta a nosa vontade de sermos e existirmos como pobo, ao tempo que reclama o dereito a sermos libres.
Vía Galega e Galiza Cultura co obxecto de conmemorar está efeméride, reclamar a restauración do texto do himno conforme ao texto orixinal, creado por Eduardo Pondal, e promover a súa divulgación e popularización, ten programado actos para o venres, día 20 de decembro, en diferentes localidades de Galiza.
A coral da Asociación Cultural e Musical Solfa participará de novo no acto de Compostela, que terá lugar no Teatro Principal, o venres, 20 de decembro, 20h. Compartiremos escenario coa Coral A Salle e o grupo De Vacas.
CANTAR A NACION 2024 COMPOSTELA
Fotos do acto no Teatro Pincipal : https://photos.app.goo.gl/qBMtq1h7zw2UKstR6