Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Concerto das Letras Galegas 2025

Concerto das Letras Galegas 2025

Xunto ás Corais Ponte Mantible, Amigos do Castiñeiriño, Asubío e Crecente de Voces Graves, a Coral de Solfa convídavos  o venres 16 de maio ás 20 horas no Teatro Principal de Compostela ao Concerto das Letras Galegas 2025.

Dirxidos po David Lojo Ces, interpretaremos:

  •  Maria Soliña (Poema de Celso Emilio Ferreiro , música de Carlos Núñez e Teresa Salgueiro con arranxos de Francisco Tobar Cereijo)
  • Fisterra ( Tradicional, arranxos de Francisco Tobar Cereijo)
  • A Costureira (Tradicional, arranxos de Francisco Tobar Cereijo)

A entrada é gratuíta até completar o aforo. As portas abriranse ás 19:30 horas

A celebración das Letras Galegas 2025 homenaxea sete cantareiras e  pandeireteiras autoras de música tradicional de transmisión oral. Elas representan mulleres e homes que ao longo dos séculos mantiveron a nosa tradición até facérena chegar aos nosos días. Mais este festexo debe esporear tamén a reflexión crítica. Ofrecer como tradición textos que non están en galego é deixar fóra o contexto de subordinación que viviu e vive a nosa lingua e, así, falsear a realidade. A nosa tradición musical está na base da nosa identidade cultural e debe servir para recuperarmos o orgullo de termos unha cultura diferenciada expresada na nosa lingua propria e orixinal.

A conmemoración das Letras Galegas é tamén unha exaltación da lingua, pois esta é a base da literatura. As e os artistas actuais deben ofrecer dos textos tradicionais unha lectura á altura do proceso de normalización do noso tempo e desbotar deformacións e interferencias que converten o galego nun dialecto.

Debemos pór en valor o noso patrimonio musical; a súa riqueza e variedade ben merecen a nosa dedicación e o noso afecto. A música galega non pode constituír un “toque local” no repertorio das corais; debe gozar dun status substancial, estrutural como elemento dinamizador esencial da nosa cultura.

Información das Corais das Letras Galegas 2025