Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Concerto homenaxe ás cantareiras, no Ano Castelao en Lugo

Concerto homenaxe ás cantareiras, no Ano Castelao en Lugo

A Asociación do Estudantado de IV Ciclo da USC é a organizadora do concerto que terá lugar o sábado día 7 de xuño, ás 19h, na Praza Maior da cidade de Lugo. Este evento homenaxea a todas as cantareiras que dedicaron a súa vida a poñer en valor o noso idioma e a nosa música tradicional.

Este ano de 2025 está dedicado ao legado e á memoria de Daniel Castelao. A Coral Solfa renderalle homenaxe, baixo a batuta do seu director, David Lojo Ces, e interpretará:

 

Lela

Poema de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Música Rosendo Mato Hermida

Arranxos de Francisco Tobar Cereijo

Na morte de Castelao

Poema de Ramón Cabanillas

Música de Francisco Tobar Cereijo

Costureiriña bonita

Letra e música popular

Arranxos de Francisco Tobar Cereijo

Ó Rama, ó que linda rama

Canción popular portuguesa

Música de Adelino Martíns.

Programa do Concerto