Semana cultural en Solfa: Martes, 26 de xuño de 19.00 a 21.00h.
Concerto. 19.00h.
Oda á alegría de L.V. Bethoven interpretado por Duarte Prieto Moure, pasando pola oboísta, Antía Louzao e rematando o concerto cos percusionistas: Ramón, Yolanda, Xoán, Javier e Miguel. A música clásica e a tradicional terán moita presenza.
Conferencia. 19.30 h.
Quen quere que falemos en masculino e por que?
Teresa Moure é quen nos deleitará cunha visión lúcida e crítica a este sistema que se encarga de que falemos en masculino. Teresa é doutora en Lingüística e profesora na Facultade de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
É autora de numerosas obras nas que podemos destacar as seguintes novelas: A xeira das árbores (2004); Herba moura (2005); Benquerida catástrofe (2007); A Casa dos Lucarios (2007) e A intervención (2010).
Publicou, ademais, os ensaios: Outro idioma é posible (2005); A palabra das fillas de Eva (2005); Natural é político (2008); Ecolingüística: entre a ciencia e a ética. Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións (2012).
Teatro: Unha primavera para Aldara (2008)…
Literatura infanto-xuvenil: A casa dos Lucarios (2007); Mamá, ti si que me entendes! (2009).
Premios:
- Premio Lueiro Rey de novela curta en 2004, por A xeira das árbores.
- Premio Arcebispo San Clemente en 2005, por A xeira das árbores.
- Premio Ramón Piñeiro de ensaio en 2004, por Outro idioma é posible.
- Finalista do Premio Ramón Piñeiro de ensaio en 2005, por As palabras das fillas de Eva.
- Premio Xerais de novela en 2005, por Herba moura.
- Premio Irmandade do Libro á autora do ano en 2005, por Herba moura.
- Premio AELG de narrativa en 2005, por Herba moura.
- Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005, por Herba moura.
- Premio da Crítica de narrativa galega en 2005, por Herba moura.
- Premio Rafael Dieste de teatro en 2008, por Unha primavera para Aldara.
- Premio AELG de teatro en 2008, por Unha primavera para Aldara.
- Premio María Casares ó mellor texto orixinal en 2009, por Unha primavera para Aldara.
- Premio Ramón Piñeiro de ensaio en 2011, por Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.
Pero Teresa utiliza a palabra tanto á hora de escribir como nas súas intervencións orais mostrando o compromiso co feminismo, coa ecoloxía e co noso País.