Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > O Teatro Principal volverá acoller a representación da obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, de Castelao

O Teatro Principal volverá acoller a representación da obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, de Castelao

 

Tras o éxito acadado no pasado mes de novembro, cando máis de cen persoas quedaron sen poder acceder ao Teatro Principal, a montaxe regresa á escena o vindeiro 28 de xaneiro de 2026, ás 20.00 h, no mesmo espazo.

A dirección corre a cargo de Lucho Penabade e o elenco está integrado por actores e actrices da Asociación Cultural e Musical Solfa e da Agrupación Cultural O Galo.