Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Semana cultural en Solfa: Xoves, 28 de xuño de 19.00 a 21.00h.

Semana cultural en Solfa: Xoves, 28 de xuño de 19.00 a 21.00h.

Concerto ás 19.00h.

Desde Antón Etxeita ao piano, pasando polos saxofonistas e rematando cos  clarinetistas  iniciamos a recta final da semana cultural.

Conferencia as 19.30 h.

As estridencias da crise económica. Notas para unha sinfonía alternativa.

Xavier Vence mostraranos que outra alternativa é posible. Xavier é licenciado en Ciencias Económicas e Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.

Foi Director do Idega entre 1991-95. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais.

É coordinador do grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Universidade de Santiago e da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos.

Ten unha extensa obra publicada na que podemos destacar:

  • Capitalismo e desemprego en Galiza, 1986;
  • Innovación e cambio tecnolóxico na industria, 1992;
  • O fracaso neoliberal na Galiza, 2005;
  • Salarios e custo da vida, 2005;
  • Demanda de solo produtivo en Galiza, 2007;
  • A situación actual do sistema galego de innovación, 2007;
  • Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas, 2011.

Ten multitude de informes, estudos, reflexións e artigos publicados… Colaborador habitual da revista Tempos Novos e noutros medios como a Radio Galega ou Sermos Galiza.

Consulta o programa